Tuesday 02 de July de 2024

Acto da recepción das becas do deporte


Hoxe tivo lugar o acto de recepción das becas para o deporte do Concello de Ribeira, na que asistiron coma beneficiarias, Yaíza García Pérez, Uxía Sampedro Pérez, Lucía Mariño Gonzalez e Laura Santos Rey.

O Alcalde, Luís Pérez , o concelleiro de Deportes, Xabier Vidal e o concelleira delegada de Economía e Facenda, Herminia Pouso procederon á entrega das bolsas para o deporte nun acto onde tamén se sumaron os pais e familires das deportistas.

Xabier Vidal abreu acto decindo que “dende o Goberno queremos apoiar o futbol feminino, que é moi importante o visibilizar a todas as rapazas que temos na cidade acadando éxitos.
Pérez Barral felicitou ás deportistas pola súa traxectoria xa que, segundo dixo, “adestran moi duro” e aventurou que serán capaces de recoller “o froito de tantas horas de dedicación e esforzo”
Currículo das futbolistas:

Uxía Sampedro Pérez actualmente é xogadora do Victoria F.C.na primeira división galega feminina. Campiona da selección Galega da Fase Plata Sub-15 do campionato de España.
Laura Santos Rey actualmente é xogadora do Orzán S.D. (filial do Deportivo) tamén ten xogado co Deportivo B. Subcampiona ca selección Galega da Fase Oro Sub-17 do campionato de España
Yaíza García Pérez actualmente é xogadora do Orzán S.D. (filial do Deportivo) tamén ten xogado co Deportivo B coma Laura. Subcampiona ca selección Galega da Fase Oro Sub 17 do campionato de EspañaLucía Mariño Gonzalez actualmente é xogadora do Deportivo B da 3ª Federación de fúbol feminino.

Deja un comentario